Ola, Mariñeir@s!
Hai unhas semanas adiantabamos que as Mariñeiras andaban por Polonia e a razón diso é que neste último mes, abrimos unha nova relación comercial con ese país, onde a través da Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España (e de Bioplanet como distribuidor), acordouse o envío dunha expedición para distintos bloggers repartidos ao longo do seu territorio. Estes recibiron as Mariñeiras e realizaron elaboracións que publicaron nas súas redes obtendo unha gran repercusión.
Algúns dos colaboradores foron Apetyt-na-kuchnie, Mariola Grzęda, Kolorowa_kuchnia_karoli, Kasia.kuchniabazylii e Kulinarnepysznoscimolki.
Resumimos as súas publicacións a continuación e agradecemos a tod@s a súa boa disposición, á Embaixada pola súa intermediación e a Bioplanet pola distribución.
Apetyt-na-kuchnie
Usou as Mariñeiras Integrais como un espectacular acompañamento para unha crema de queixo. Todo ben acompañado dun viño branco Valmiñor. Enlace á publicación orixinal.
Mariola Grzeda
Mariola fixo uns espectaculares canapés usando as Mariñeiras de Chía e de Aceite de Oliva. Enlace á publicación orixinal.
Kolorowa_kuchnia_karoli
Elaborou un bodegón ben colorido con froitas, queixos e distintos tipos de Mariñeiras. Enlace á publicación orixinal.
Kasia.kuchniabazylii
Kasia realizou uns canapés variados con embutido e patés e as Mariñeiras de Aceite de Oliva Virxe Extra. Enlace á publicación orixinal.