Boa tarde amig@s mariñeir@s!!
En Daveiga Produción Responsable temas clara a nosa filosofía como empresa e como suministradores de alimentos, o noso propio nome así o indica. A Produción Responsable abrangue conceptos como calidade e seguridade alimentaria, economía social, compromiso co medio e o desenvolvemento local e prezo xusto. Seguimos estas premisas desde o comezo e despois de máis de 10 anos estamos recollendo o froito dun traballo sostible e responsable desde a empresa e para o consumidor.
Outro dos aspectos que temos claros é que hai que apoiar e colaborar coas iniciativas culturais e solidarias e que a promoción é clave para chegar coas nosas mariñeiras a canta máis xente mellor.
Así, despois de participar en Febrero nunca nova edición de Xantar Ourense e no Craft Beer Rising de Londres co Mercado de la Cosecha, este mes de Marzo seguimos coa tarefa. Tamén a través de Mercado de la Cosecha participamos no Forum Gastronomic que se celebrou a mediados de Marzo en Expocoruña. Abrimos o mes participando no Mercado de produtos ecolóxicos e proximidade que organiza o Concello de A Coruña e colaboramos no Desafío Vía Romana. Durante a celebración da Feira do Viño de Chantada somos unha das empresas convidadas ao programa da TVG “Aquí Galicia”.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/chantada-2 Podedes ver a nosa entrevista a partir do minuto 52.22
Completamos marzo cun especial protagonismo do deporte. Colaborando no Torneo Promesas José Manuel do concello de Monterroso e no amigable entre as selección galega e francesa de fútbol gaélico, que se celbrou o pasado 18 de marzo en Ourense cun dobre enfrentamento entre as seleccións masculina e feminina.
Foi un mes repleto de actividades e en Abril seguiremos sacando adiante unha morea de propostas que compartiremos con tod@s vos.
Apertas mariñeir@s e bo proveito!