Traballaban no sur de Pontevedra, pero non perderan o vínculo con Rodeiro, o seu concello de orixe. Querían regresar cun proxecto capaz de mostrar o amplo potencial que ten en Galicia o medio rural. Xosé Lois, Óscar e Carlos Lamazares déronlle moitas voltas á cabeza, barallaron varios proxectos, pero foi nunha viaxe a Arxentina para ver a outro dos seus irmáns onde lles chegou a inspiración. «Descubrimos as galletas salgadas, fixemos un estudo de viabilidade comercial e un proxecto e comprobamos que tiñan futuro», explica Xosé Lois […]
Artigo completo de La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/rodeiro/2019/12/15/galletas-llevado-64-empleos-bajo-brazo-rural/0003_201912SM15P14991.htm