Despois dun balance moi moi positivo da nosa estancia en Gourmets coa Xunta de Galicia e Mercado de la Cosecha estamos xa en Alimentaria.
Desde hoxe e ata o 28 podédesnos atopar no stand da Consellería do Medio Rural no pavillón 2 de multiproduto e no pavillón de produtos ecolóxicos co CRAEGA, Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Vide visitarnos se andades pola cidade condal e explicámosvos as peculiaridades dun produto único, as nosas mariñeiras Daveiga.