As Galletas Mariñeiras® de Daveiga son unha adaptación moderna do “pan de barco ou biscoito de barco”, unha solución antiga dos mariñeiros para conservar o pan en longas travesías oceánicas, de forma natural. Esta relación co mar agora tamén se ve reflectida no novo deseño de aire retro das galletas, onde o protagonista principal é un simpático mariñeiro que reforza o valor deste produto tradicional.
Con esta nova imaxe, Daveiga quere transmitir o seu vínculo co mar dunha forma máis evidente, sólida e moderna, facendo referencia á orixe do seu produto. A este cambio de imaxe acompáñalle o lanzamento dunha nova liña de produtos biolóxicos, unha submarca: as Mariñeiras BIO. Estas elabóranse con materias primas de produción ecolóxica, é dicir, sen a utilización de produtos químicos de sínteses (insecticidas, herbicidas, etc.). A produción das Galletas Mariñeiras® BIO está certificada, ademais, polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e existen diferentes variedades (con aceite de oliva, integrais, de espelta, con sementes de chía, con sementes de quinoa, con alga wakame, especiais para canapés) e formatos.
Deste xeito, prodúcense dúas liñas de Galletas Mariñeiras®: natural e BIO. Esta clasificación reflíctese tamén no seu envoltorio, xa que dependendo do produto o envase e o mariñeiro teñen unha cor ou outra e acompáñalles o logotipo da liña correspondente. Así, existe unha clara diferenciación dos produtos BIO dos natural.
Con esta nova imaxe e a produción de novas referencias, Daveiga conta e explora cousas novas, reforzando os seus valores e sendo sempre fieis á marca. Cunha traxectoria de máis de 10 anos no mercado, continúa apostando pola utilización de materias primas naturais, un produto saudable e de calidade.