Acábase o ano. Un 2016 que en Daveiga produción responsable foi un gran ano. Seguimos abrindo novos mercados, colaborando e patrocinando multitude de actos culturais e solidarios. E seguimos recibindo premios e recoñecementos que nos animan a seguir a liña marcada e continuar mellorando para ofrecervos novas variedades e suxestións de nosas galletas mariñeiras.
Este recoñecemento outórgase a empresas que alcanzan novos niveis na súa capacidade para competir de modo sostenible poñendo en valor elementos como as persoas, os sistemas, o cambio estratéxico, as redes e as finanzas.
Ardán é un servizo de información empresarial desenvolvido desde o Departamento de Servizos Avanzados do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Creado no ano 1993, a súa misión principal é facer chegar ao público en xeral información empresarial cun alto valor engadido.
Os datos económicos que nutren Ardán proceden dos depósitos das contas anuais das empresas no Rexistro Mercantil. Trátase dun referente en Galicia e unha das bases de datos máis actualizada que permite seleccionar, clasificar, descargar ou imprimir información de empresas.
Para nós é unha honra e unha nova responsabilidade manter o nivel de calidade no noso proxecto. Grazas a todos pola confianza