Bos días, mariñeir@!
Nesta nova entrega de “Mulleres do Rural” os compañeir@ s de Canle Ribeira Sacra preséntannos a vida de María Sánchez, unha muller que durante a posguerra emigrou a Barcelona deixando atrás marido e fillos para buscar un futuro mellor. María Sánchez representa e homenaxea a historia, con diversos desenlaces, de tantas persoas que fixeron a maleta e volveron ao seu lugar de orixe décadas despois.
En apenas un mes cumprirá 100 anos na parroquia de Marrube, O Saviñao, facendo gala dunha gran saúde e dunha excelente memoria que loce nunha entrevista moi especial, chea de anécdotas, forza, emocións e reflexións sen pelos na lingua.
Animámosvos a que vos deixedes sorprender coa súa historia!