Ola, mariñeir@ s!
Chega o verán e apetece comer algo fresco e san, verdade? Por iso hoxe traémosvos esta receita espectacular de salmorejo cordobés con Galletas Mariñeiras. Tomade nota!
INGREDIENTES
-
1 quilo e medio de tomates moi maduros
-
Un paquete de galletas mariñeiras (preferiblemente de aceite de oliva)
-
200 ml de aceite de oliva
-
Sal
-
Vinagre (opcional)
-
1 dente de allo (opcional)
-
Ovo duro relado (opcional)
-
Xamón serrano tostado (opcional)
PREPARACIÓN
-
Nun bol engadimos as galletas mariñeiras e deixámolas abrandar en auga.
-
Trituramos os tomates con pel noutro recipiente.
-
Engadimos o allo moi picado (sen a raíz) aos tomates. Tamén engadimos o aceite de oliva e o vinagre se nos gusta un toque acedo. Mesturamos.
-
Comprobamos que as galletas mariñeiras están brandas e engadímolas á mestura anterior. Trituramos todo de novo de ser necesario e probamos e rectificamos con sal.
-
Se queremos que o salmorejo quede máis fino (tipo gazpacho) pasarémolo por un colador ou pasapuré.
-
Deixámolo arrefriar na neveira un par de horas e servimos frío acompañado de ovo duro cocido, xamón serrano tostado e mariñeiras rotas.
-
A comer!