Bos días, mariñeir@ s!
La Vanguardia facíase eco o pasado luns dunha noticia na que fala de todo o que nos dá a nosa querida Ribeira Sacra: viños, cerámica, doce de castaña, queixo azul e, por suposto, as nosas galletas mariñeiras.
Candidata a converterse en Patrimonio da Humanidade no 2021, a Ribeira Sacra non ten desperdicio. Unha contorna natural incrible cunha materia prima de luxo. Como non ían saber ben as nosas galletas? 🙂
Non o dicimos nós, dino todos os que a visitan: Ribeira Sacra, Calidade.