Os alumnos e alumnas do ciclo de Cociña e Restauración do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia elaboraron uns turróns moi especiais para estas festas. O ingrediente principal destes doces foron as nosas galletas mariñeiras e nestas fotos podedes apreciar o ben que lles quedaron. Fan a boca auga!
Ademais, todo o diñeiro recaudado dedicarano exclusivamente a actividades de perfeccionamento e adquisición de material novo. Estamos seguros de que van ter moito éxito!