Produción Responsable, colaboración e promoción.

En Daveiga Produción Responsable temos clara nosa filosofía como empresa e como subministradores de alimentos, o noso propio nome así o indica. A Produción Responsable abarca conceptos como calidade e seguridade alimentaria, economía social, compromiso co medio e o desenvolvimiento local e prezo xusto. Seguimos estas premisas desde o principio e despois de máis de 10 anos estamos a recoller o froito dun traballo sostible e responsable desde a empresa e para o consumidor.
As tostas de pan Mariñeiras® no programa «Aquí Galicia» da TVG

O día 11 deste mes, coincidindo coa Feira do Viño de Chantada, embarcámonos no programa «Aquí Galicia» de la TVG. ¿Queredes vernos en acción?