Daveiga

a ECONOMÍA SOCIAL EN DAVEIGA

"Unha das chaves do éxito foi apostar pola economía social, por unha sociedade laboral que permitise que tódalas persoas poidan vincularse ao proxecto como socias traballadoras".

A NOSA MISIÓN

mariñeiras

A nosa misión é contribuir ao desenvolvemento rural sostible da nosa contorna máis próxima a través da economía social, a produción responsable e a innovación. Queremos inspirar a outros a que o fagan tamén.

a nosa visión

mariñeiras

Queremos ser unha empresa útil e rendible para a sociedade. Ser recoñecidas pola produción responsable. Demostrar que desde o rural e a economía social se poden xestionar compañías cuxos obxectivos estean ao servizo das persoas, a innovación e a sustentabilidade. Queremos ofrecer alimentos diferentes, sans, saborosos, seguros e útiles para a sociedade.

os nosos valores

Daveiga

humildade

Onde o individualismo non ten cabida, ofrecemos valores centrados na cooperación e fortaleza das relacións humanas.

Responsabilidade

Socio-laboral, económica, ambiental e cultural.

COMPROMISO E RESPECTO

Coas persoas e o medio. A nosa clave para sentirnos a gusto e útiles.

SERIEDADE E TRANSPARENCIA

Fundamentais para crear a confianza cos nosos colaboradores e persoas consumidoras.

Creatividade e innovación

Da man dos nosos provedores, clientes e das personas consumidoras, desenvolvemos novos produtos sabororos, útiles e rendibles.

RENDIBILIDADE

Permítenos crear valor engadido e sobresaír no mercado.