Calidade e Innovación
Apostamos pola calidade e innovación tanto no noso modelo como nos nosos produtos. É por iso que, durante a nosa traxectoria, recibimos moitos recoñecementos relacionados coa xestión económica, o modelo de negocio e a calidade e innovación presentes nos nosos produtos.
“Supón un recoñecemento á aposta de Lugar Da Veiga polo desenvolvemento rural, que é un dos piares fundacionais sobre os que se asenta este proxecto empresarial arraigado á terra.”
Xosé Lois Lamazares
OS NOSOS RECOÑECEMENTOS
- Rankin Europe's Fastest Growing Companies (2021, 2019, 2018).
- Pyme do ano 2020 (Provincia de Lugo) Convocado pola Cámara de Comercio de España e o Banco Santander.
- Certificado Plimsoll de Excelencia Empresarial 2020 e 2021. Segunda empresa a nivel nacional en termos de marxes de beneficio no sector do pan de especialidade de longa duración.
- Indicador Ardán-Gacela (2021, 2017). Empresas con taxa de crecemento elevada e constante na súa cifra de ingresos, por riba do 25%, durante 3 anos.
- Indicador Ardán-Alto Rendemento. (2021) Empresa que consegue unha rendibilidade económica media de polo menos o 25% , nun período mínimo de 3 anos.
- Indicador Ardán-Xeradora de Riqueza. (2021) Empresas que presentan un EVA positivo no período de análise.
- Indicador Ardán-Empresa ben xestionada. (2021) As empresas ben xestionadas responden a varios criterios simultaneamente: crecemento, rendibilidade, produtividade e liquidez.
- Ardán Excelencia Empresarial 2021. Recoñecemento ás 12 empresas galegas que obtiveron seis, cinco ou catro indicadores Ardán.
- Indicador Ardán- Empresa Global (2017). Empresas que presentan valores elevados en canto a internacionalización, volume de exportación, etc.
- Premio Produto do Ano. Edición 2016 premios Cantábrico Excelente.
- O Financial Times inclúe a Daveiga na súa clasificación de 2018, 2019 e 2020 entre as 1.000 empresas europeas con máis potencial de crecemento e creación de valor engadido.
- Sabor do ano 2010. Un panel de cata formado por 120 consumidores outorgoulles a máxima puntuación na categoría de galletas, crackers e similares.
- Premio Superior Taste 2009. Recoñecido polo International Taste & Quality Institute tras unha cata internacional composta por cociñeiros de 12 países.
- Premio Fulget da USC, recoñecemento a unha empresa ou grupo empresarial galego que colabore en accións destinadas a mellorar as relacións entre a actividade académica da Facultade de Económicas.
- Líder en Calidade (2012) Premio organizado por Expoourense e Galicia Calidade en colaboración con AENOR.
- Premio Excelencia Empresarial en Responsabilidade Social. IV Concurso Transfronterizo Galicia- Norte de Portugal. (2008) Fundación CEO de Ourense.
mARCAS REXISTRADAS











