🌱 A comunidade rural constrúe futuro: Daveiga no Foro Rural Sustentable

Este fin de semana, a vila de Chantada converteuse nun punto de encontro para o diálogo, a reflexión e a acción sobre o futuro das zonas rurais. O concello acolleu a segunda edición do Foro Rural Sustentable, unha iniciativa organizada por Corporación Hijos de Rivera, que reuniu arredor de cen persoas comprometidas coa transformación da rexión.