Daveiga participará no programa de visitas escolares «Da escola á granxa» 2026

Daveiga participa un ano máis no programa “Da Escola á Granxa” do Consello Provincial de Lugo, introducindo ás xeracións máis novas no mundo da alimentación e do medio rural.
Unha iniciativa educativa que ofrece ao alumnado unha visión de primeira man de como se elaboran as nosas Mariñeiras e da importancia do sector agroalimentario.