
Produción Responsable, colaboración e promoción.
Boas tardes mariñeirxs!⚓
En Daveiga Produción Responsable temos clara nosa filosofía como empresa e como subministradores de alimentos, o noso propio nome así o indica. A Produción Responsable abarca conceptos como calidade e seguridade alimentaria, economía social, compromiso co medio e o desenvolvimiento local e prezo xusto. Seguimos estas premisas desde o principio e despois de máis de 10 anos estamos a recoller o froito dun traballo sostible e responsable desde a empresa e para o consumidor.
Outro dos aspectos que temos claro é que hai que apoiar e colaborar coas iniciativas culturais e solidarias e que a promoción é clave para chegar coas nosas tostas de pan a canta máis xente mellor.
Así, despois de participar en febreiro nunha nova edición de Xantar Ourense e no Craft Beer Rising de Londres con Mercado da Colleita, este mes de Marzo seguimos coa tarefa. Tamén a través de Mercado da Colleita participamos no Forum Gastronomic que se celebrou a mediados de Marzo en Expocoruña. Abrimos o mes participando no Mercado de produtos ecolóxicos e proximidade que organiza o Concello da Coruña e colaboramos no Desafío Vía Romana. Durante a celebración da Feira do Viño de Chantada fomos unha das empresas convidadas ao programa da TVG «Aquí Galicia»
Podedes ver a nosa entrevista para partir do minuto 52.22 👉 aquí.
Completamos marzo cun especial protagonismo do deporte. Colaborando no Torneo Promesas José Manuel do Concello de Monterroso e no amigable entre a selección galega e francesa de fútbol gaélico, que se celebrou o pasado 18 de marzo en Ourense cun dobre enfrontamento entre as seleccións masculina e feminina.
Foi un mes repleto de actividades e en abril seguiremos sacando adiante unha chea de propostas que compartiremos con tod@s vosostr@s.
Abrazos e bo proveito!😄
