A HISTORIA DE DAVEIGA

A sociedade Lugar da Veiga SLL xorde en xaneiro de 2005 para poñer en marcha o proxecto empresarial Daveiga Produción Responsable. Durante este primeiro ano centrámonos no desenvolvemento do produto, presentando en xuño de 2006 a marca Mariñeiras ® ao mercado.

2005
Nace o proxecto Daveiga

A sociedade LUGAR DA VEIGA SLL constitúese en xaneiro de 2005 para poñer en marcha o proxecto empresarial Daveiga Produción Responsable.

2006
DESENVOLVEMENTO EN 2005/2006

A execución do proxecto técnico das instalacións finaliza en outubro de 2005, para pasar despois á fase de desenvolvemento do produto, que dura ata xuño de 2006, data na que se presenta o produto ó mercado.

2006
TOSTAS DE PAN Mariñeiras®

Trátase dun produto de panadería de longa duración. O seu sabor neutro e a súa resistencia á absorción da humidade fai que non se abranden co paso das horas, polo que son ideais para a elaboración de canapés doces ou salgados.

2008
sistema integrado de calidade e seguridade alimentaria sigsa

Lugar da Veiga pon en marcha un sistema Integrado de Xestión de Calidade e Seguridade Alimentaria, que tras tres anos incorpora as certificacións: ISO 9001, ISO 14001, ISO 22000, UNE 166002, BRC e IFS Food.

2008-2020
Recoñecementos ó proxecto

Lugar dá Veiga recibe unha serie de recoñecementos ao longo de todos lestes anos, entre os que destacan: Financial Times Europe’s Fastest Growing Companies (2018, 2019, 2020), Peme do ano de Lugo (2020), Superior Taste Award (2009), Líder en Calidade AENOR (2012), Certificado Plimsoll de Excelencia Empresarial (2020), Excelencia empresarial 2021 de Ardán concedido pola Zona Franca de Vigo.

2008-2020
Consolidación do proxecto

A partir do ano 2013, Lugar da Veiga crece exponencialmente pasando dunha produción de 400kg/ día no 2013 a 6.000kg/ día no ano 2020. 

2022-2023
aumentmos a capacidade de produción cunhas novas instalacións

A finais do 2022 inauguramos as novas instalacións, que nos permiten facer fronte ao crecemento destes últimos anos, supoñendo tamén unha importante mellora da nosa imaxe corporativa así como mellorar as condicións dos postos de traballo.

ata o día de hoxe, que seguimos aprendendo e mellorando da man dos nosos clientes, provedores e consumidores.

O rural e a Economía Social teñen futuro!