
Investimos
para ser mellores
En Daveiga Produción Responsable investimos cada ano en investigación, desenvolvemento e innovación co obxectivo de ser mellores e esforzámonos cada día por fabricar as Mariñeiras ® coa máxima garantía de calidade.
Investigación
Empregamos a investigación para ampliar o noso coñecemento e mellorar día a día.
Desenvolvemento
Aposta continua por melloras no noso proceso produtivo e no noso produto.
INNOVACIÓN
Investimos en innovación para poder elaborar produtos e servizos novidosos que satisfagan as necesidades dos nosos consumidores e consumidoras.

A nosa estratexia I+D+i
Mediante a xestión estruturada do I+D+i, Lugar Da Veiga SLL persegue alcanzar a mellora continua tanto dos seus produtos como dos seus procesos e servizos, mediante unha procura do coñecemento continua e atendendo as innovacións xurdidas e as propostas dos nosos clientes.
- A procura continua de novas ideas que nos permitan ofrecer un produto e uns servizos novos ou mellorados en resposta ás demandas de cambio xurdidas para garantir un crecemento sostible.
- Estar pendientes de las necesidades de nuestros clientes para poder ofrecer el mejor servicio posible.
- Atender as innovacións presentadas no noso sector para estudar o seu potencial para ser introducidas na nosa empresa.
- Fomentar a colaboración con entidades de investigación, tales como Universidades ou Centros tecnolóxicos, as cales nos acheguen coñecemento e valor engadido en materia de I+D+i..
- Buscar a colaboración con outras empresas, tanto do noso sector como doutros sectores, para alcanzar un beneficio mutuo no desenvolvemento de novos produtos.
- Fomentar a introdución de novos procesos que nos permitan a expansión a mais mercados de maneira meditada e controlada.
- Buscar o máximo rendemento para os recursos dispoñibles e xestionalos tendo en conta un desenvolvemento sostible, o respecto polo medioambiente e o respecto pola nosa contorna.
- Fomentar unha cultura de innovación entre as persoas traballadoras facilitando que todo o persoal poda ser un motor de xeración de novas ideas.
- Estar sempre en continua aprendizaxe para tentar alcanzar sempre os mellores resultados.
