Visita a Daveiga do alumnado de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Enxeñería Agraria da Facultade de Ciencias de Ourense.

Como prestan as visitas! Ao longo do 2018 diferentes grupos, asociacións e particulares interesáronse por coñecer como é o proceso de produción das mariñeiras.
As tostas Mariñeiras® cambian de aspecto

As Galletas Mariñeiras® de Daveiga son unha adaptación moderna do “pan de barco ou biscoito de barco”, unha solución antiga dos mariñeiros para conservar o pan en longas travesías oceánicas, de forma natural. Esta relación co mar agora tamén se ve reflectida no novo deseño de aire retro das galletas, onde o protagonista principal é un simpático mariñeiro que reforza o valor deste produto tradicional.