O “Financial Times” confirma que o rural e a economía social teñen futuro

O Financial Times fíxase por segundo ano consecutivo nas Galletas Mariñeiras e inclúe a Daveiga na clasificación das 1000 empresas que máis rápido crecen de Europa.

Desde que comezou este proxecto, partiuse dunha premisa clara: apostar polo rural e a economía social. Tras 14 anos de camiño, na actualidade, somos unha das poucas empresas de alimentación que figuramos na clasificación do Financial Times publicado neste mes de marzo:

Nace o Foro pola Economía Social Galega

O pasado martes 13 de marzo lanzouse en Santiago o Foro Galego de Economía Social; unha plataforma que ten como obxectivo representar todas as organizacións da economía social galega e promover o seu desenvolvemento.