Feliz día das Letras Galegas!

Onte celebramos o día das nosas Letras Galegas, que este ano foi adicado a Ricardo Carvalho Calero. Parabéns a tod@s os galegos/as!

Concurso de Proxectos Empresariais de Semente Ribeira Sacra

A Asociación Semente Ribeira Sacra, en colaboración con varias empresas, incluíndo Daveiga Galletas Mariñeiras, a Deputación Provincial de Ourense, os concellos de Monforte de Lemos, O Saviñao, Pobra de Brollón, Chantada, Sober, Pantón e Bóveda, as tres universidades galegas e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), organizaron a 6.ª COMPETICIÓN DE PROXECTOS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE”

Visita de Domusvi Chantada

O venres tivemos unha visita moi especial á fábrica: os nosos amigos de DomusVi Chantada viñeron aprender sobre o proceso de fabricación das mariñeiras.