Concurso de Proxectos Empresariais de Semente Ribeira Sacra
A Asociación Semente Ribeira Sacra, en colaboración con varias empresas, entre elas Daveiga Galletas Mariñeiras, a Deputación de Ourense, os Concellos de Monforte de Lemos, O Saviñao, Pobra de Brollón, Chantada, Sober, Pantón e Bóveda, as tres Universidades galegas e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocaron o VI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE” coa finalidade de estimular ás persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento empresarial.
👉Calquera persoa de calquera parte do mundo que presente unha idea de negocio pode participar no concurso. As ideas e proxectos deseñados para desenvolverse na Ribeira Sacra terán consideración especial durante o proceso de avaliación. O mesmo aplicarase ás ideas e proxectos destinados a desenvolver as zonas rurais da Ribeira Sacra e a promover os seus recursos locais.
👉O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 1 de Xaneiro ata o 16 de Febreiro de 2020.
👉 O inscrición, que é gratuíta, deberá realizarse de maneira telemática a través da web www.sementeribeirasacra.org
Desde Daveiga Galletas Mariñeiras animámosvos a que participedes nestas iniciativas que apoian o carácter emprendedor e impulsan a contorna privilexiada no que vivimos.


