Onde mercar tostas de pan Mariñeiras® Daveiga?
Ola, mariñeirxs!⚓
Sodes moitos os que estes días, e debido á situación de confinamento actual, estades a preguntarnos onde poder comprar as nosas tostas de pan Daveiga, por iso, a continuación imos resumirvos os supermercados e tendas así como as opcións en liña que tedes para gozar das nosas ricas mariñeiras.
SUPERMERCADOS
variedade natural
Os principais supermercados que distribúen a nosa variedade natural son:
En Galicia, Asturias e Castilla León: Froiz, Gadis, Eroski, Lidl, Grupo Cuevas (Galicia).
En todo o territorio nacional e illas: El Corte Inglés, Carrefour, Alcampo, Supermercados Lupa (Cantabria e Castela e León), Más y Más (Asturias), Eroski (País Vasco e Navarra), Consum (Valencia, Murcia e Cataluña), Dinosol (Illas Canarias).
variedade BIO
Á venda en tendas especializadas en produtos ecolóxicos, herboristerías, fruterías, tendas gourmet etc. Para saber exactamente onde adquirir algunha variedade Bio na vosa localidade, debedes de poñervos en contacto connosco a través do mail info@galletas.es ou a través de O almacenamento técnico ou o acceso son necesarios para crear perfís de usuario co fin de amosar anuncios, ou para rastrexar o usuario en un ou varios sitios web con fins de mercadotecnia similares. ou Instagram e concretarémosvos as tendas físicas nas que podedes atopar as Bio que máis vos gusten. Tamén en Mercado Correos podedes atopalas.
En liña
En Daveiga non vendemos directamente a consumidor final, polo que non temos unha tenda en liña propia. Isto significa que non podedes comprar tostas de pan Mariñeiras® a través de internet? Por suposto que si e detallámosvos como:
- Mediante as tendas online dos supermercados: Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Hiperdino, Supermercados Nana, Sinxelamente. .
- Mediante plataformas como: Amazon, Mercado Correos
- Tamén nas seguintes tendas con ecommerce: Perfumerías Arenal, A tenda de avó, O mar ruge, Feitos cheos de sabor, Exquisita Galicia, Galicia Selectos, Merkabio, Orixe: Asturias, Planeta Horta, Sánchez Romero, Uvinum.
¡Importante!
Se tes unha tenda con e-commerce e non apareces nesta lista, así como se es consumidor e non logras facerche coas tostas de pan, por favor, @contáctar a través das nosas redes sociais (O almacenamento técnico ou o acceso son necesarios para crear perfís de usuario co fin de amosar anuncios, ou para rastrexar o usuario en un ou varios sitios web con fins de mercadotecnia similares. e Instagram) ou mediante info@daveiga.es e buscaremos unha solución.


