SUCANDO O 2018

Decembro, tempo de facer balance, botar as áncoras e ver o percorrido feito ata o momento, as experiencias e vibracións do día a día. Tras 13 anos contra vento e marea a entrada do 2018 chegou pisando forte coa renovación da imaxe de Daveiga xunto o lanzamento de novas variedades de mariñeiras ao mercado. Pero o mariñeiro non embarcou só, senón rodeado de moitos proxectos cos que comparte a súa filosofía e compromiso coa economía social, o medio rural e a cultura.

Daveiga está na feira Alimentaria de Barcelona

Daveiga presenta as últimas novidades das mariñeiras na feira Alimentaria. O pan sen faragulla viaxa á feira de alimentación, bebidas e gastronomía líder en España para mostrar a produción, a nova imaxe e a nova liña de produtos.

A nova liña de produtos biolóxicos de Daveiga

Daveiga está a lanzar unha nova gama de produtos orgánicos: Galletas Marineras® BIO. Estas galletas están elaboradas con ingredientes producidos orgánicamente, o que significa que non se empregan produtos químicos sintéticos (insecticidas, herbicidas, etc.) na súa produción.

Nace o Foro pola Economía Social Galega

O pasado martes 13 de marzo lanzouse en Santiago o Foro Galego de Economía Social; unha plataforma que ten como obxectivo representar todas as organizacións da economía social galega e promover o seu desenvolvemento.

As tostas Mariñeiras® cambian de aspecto

As Galletas Mariñeiras® de Daveiga son unha adaptación moderna do “pan de barco ou biscoito de barco”, unha solución antiga dos mariñeiros para conservar o pan en longas travesías oceánicas, de forma natural. Esta relación co mar agora tamén se ve reflectida no novo deseño de aire retro das galletas, onde o protagonista principal é un simpático mariñeiro que reforza o valor deste produto tradicional.

Daveiga coa promoción da cultura e do cinema

Para Daveiga, maio foi un mes dedicado integramente ao cine. Adoramos o cine como forma de cultura, como entretemento e como medio de expresión de calquera tipo, sempre que ofreza algo produtivo e diferente.