Joaquín Casal, coordinador da división de comercio nacional de Daveiga, co premio presentado polo Clúster Alimentario de Galicia.
 

Daveiga premiada polo Clúster Alimentario de Galicia

Mariñeiras de Daveiga anuncia a súa colaboración con Onda Chicha, o proxecto impulsado por Chichalovers y Radio Líder que se estableceu co obxectivo de proporcionar para dar visibilidade aos artistas e grupos emerxentes de Galiciaa, creando oportunidades reais para o desenvolvemento da escena musical na nosa comunidade.

Un recoñecemento que reforza o noso compromiso co rural e a innovación

En Daveiga estamos moi agradecidos por recibir un dos Premios Galicia Alimentación 2025. Este recoñecemento supón para nós un impulso importante e unha confirmación de que o camiño que eliximos hai anos —baseado na produción responsable, a innovación e o vínculo co territorio— segue sendo o correcto.

Dende as nosas instalacións en Chantada, onde producimos o noso ben coñecido Mariñeiras, Levamos anos traballando cunha visión clara: demostrar que é posible desenvolver unha empresa sólida no medio rural de Galicia, xerando valor económico, social e cultural.

Un premio que recoñece a innovación e o compromiso

O galardón que recibimos recoñece iniciativas empresariais que apostan pola innovación e por novas formas de impulsar o sector alimentario. No noso caso, o xurado valorou especialmente a nosa aposta pola investigación, a produción responsable e a conexión coa contorna rural.

Para nós, este recoñecemento é tamén unha homenaxe ao traballo de todo o equipo que forma Daveiga. Cada día, persoas de diferentes áreas contribúen a que o noso proxecto siga crecendo sen perder a súa esencia: unha empresa comprometida co territorio, coas persoas e coa calidade dos seus produtos.

Un modelo empresarial con raíces no territorio

Desde os nosos inicios apostamos por un modelo de empresa baseado na economía social, a participación e o desenvolvemento local. O noso obxectivo sempre foi crear un proxecto sostible que achegue valor á contorna e que contribúa a dinamizar o medio rural galego.

Cremos firmemente que o futuro do sector agroalimentario pasa por combinar tradición e innovación. Por iso traballamos constantemente para mellorar procesos, desenvolver novos produtos e responder as necesidades dos consumidores sen perder a autenticidade que define ás nosas Mariñeiras.

Queremos agradecer este recoñecemento ao Clúster Alimentario de Galiciaspan>span>strong>, así como a todas as persoas, institucións e colaboradores que confiaron no noso proxecto ao longo dos anos.

Pero, sobre todo, queremos dar as grazas a quen cada día elixen as nosas Mariñeiras para a súa mesa. Sen vós, este camiño non tería sentido.

Seguiremos traballando coa mesma ilusión que o primeiro día para seguir levando desde Chantadaspan>span> un produto auténtico, responsable e profundamente ligado á nosa terra.

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas