Galletas Mariñeiras® é unha marca inspirada no pan seco, sen faragulla, que utilizaban os mariñeiros desde o século XV. Unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan en longas travesías oceánicas, de forma natural.
Indicadas para comer soas, acompañar coas comidas a calquera hora e especialmente para a elaboración de canapés, dado que se poden combinar con doce ou salgado e a súa resistencia á absorción de humidade permiten que estas non se abranden co paso das horas.