Hummus de aguacate con tostas de pan Mariñeiras®
Ola, mariñeiros!🤘
Seguro que probastes o típico hummus de garavanzos típico da cociña árabe e seguro que probastes o guacamole típico de centro América, niste mesmo blogue propuxémosvos varias receitas de blogues amigos para aprender a facer estas delicias que quedan tan ben coas mariñeiras Daveiga.
Pero desta vez imos un paso máis alá e presentamosvos o hummus de aguacate. Imos comezar!🥑
ingredientes
- Tostas de pan Mariñeiras® naturais de manteiga
- 100 gramos de garavanzos cocidos escorridos
- 1 aguacate maduro
- 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra
- 1 cullerada de tahini
- O mollo dunha lima pequena
- Un dente de allo pequeno
- Un chisco de comiño
- Sal
- Pirixel
- Pementa negra
preparación
👉Pon todos os ingredientes (agás a pementa doce) nun bol.
👉Mestura ben os ingredientes.
👉Deixa repousar na neveira durante polo menos tres horas e, antes de servir, espolvorea con un pouco de pementa doce picante.
👉Teremos algunhas mariñeiras para acompañar Daveiga para dipear, é unha auténtica delicia!
Podes ver a receita orixinal e completa no blogue de Doces, moitas grazas pola receita!🍡


